O dendealimia.com edita unha biografía de Carlos Casares para nenos escrita por Rafael Laso

presentaciónlibro
O dendealimia.com edita unha biografía de Carlos Casares para nenos escrita por Rafael Laso

O dendealimia.com sorteará 9 exemplares do libro entre todos os nosos seguidores que compartan esta nova no Facebook.

O Concello de Xinzo de Limia e o dendealimia.com convidámosvos á presentación do primerio libro editado por este xornal dixital con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2017 adicadas ao escritor limián Carlos Casares.

Trátase dunha biografía do literato antelán máis ilustre dirixida aos máis pequenos e escrita polo tamén escritor limián –e colaborador habitual deste xornal– Rafael Laso. A obra, titulada "Lolo en bicicleta e Carlos en moto" será presentado este venres, día 28 de abril, no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia ás 21:00 horas. No acto intervirán o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares Mouriño, o escritor natural de Xinzo, Antón Riveiro Coello e o propio autor, Rafael Laso.

O dendealimia.com agasallará cun exemplar do libro ao seguidor número 5.000, ademáis de sortear outros 9 exemplares entre todos os seguidores do xornal que compartan esta nova.

Toda a veciñanza da comarca, así coma os visitantes que se queiran achegar, están convidados a este acto que, ademáis, coincide cun hito na historia deste xornal: chegamos aos 5.000 seguidores na nosa principal rede social, Facebook. Para celebralo, o dendealimia.com agasallará cun exemplar do libro ao seguidor número 5.000, ademáis de sortear outros 9 exemplares entre todos os seguidores do xornal en redes que compartan esta nova no seu perfil de Facebook –sendo condición indispensable que lle teñan dado a like á nosa páxina de Facebook–.