A depilación láser que reduce o tempo e a dor chega a un centro de estética de Xinzo

laser
A depilación láser que reduce o tempo e a dor chega a un centro de estética de Xinzo

Saxa incorpora esta máquina que recibiu o premio innovación no 2014

A máquina denomínase Sapphire Láser LS-1200, é de fabricación española e única no mercado. Segundo os expertos, os seus beneficios contribúen a unha redución da dor á hora de eliminar o pelo. Isto débese ó feito de que incorpora un efecto frío a -7º que actúa de anestesia. laser

O láser é de 1200 vatios co cal a depilación ten máis potencia e eso conleva a que son precisas menos sesións, en catro ou seis veces unha persoa podería rematar o proceso de arrancar o pelo. Con todo o tempo pode variar segundo as características de cada un. Outro dos beneficios que implica é que elimina pelos residuais que son difíciles de sacar ou restos doutras depilacións. No caso dos homes, esta máquina é a que mellor resultados ofrece, segundo a xente da estética, pois teñen un pelo máis duro que con esta técnica se elimina con facilidade.

Esta nova depilación incorpórase ó centro de estética Saxa, en Xinzo de Limia e faino con prezos asequibles para estes tempos complicados, dende o punto de vista económico. A súa dona, Isaura Caramés, apunta que "o feito de ser un láser de máis potencia non atenta contra a seguridade ou saúde de quen o use, esta depilación actúa na raíz do pelo pero non vai máis alá".

Esta nova máquina fai de Saxa un dos espazos que conta con tódalas modalidades de depilación, dende as máis clásicas, como a depilación de cera quente e fría ou de agullas eléctricas, ás últimas novidades. Nos próximos meses incorporarán tamén a técnica"Carmelita", eliminar o pelo a base de pasta de caramelo, feita con ingredientes naturais.