A depilación con pasta de caramelo chega ó instituto de beleza Saxa de Xinzo

Caramelo-depilacion-Halawa
A depilación con pasta de caramelo chega ó instituto de beleza Saxa de Xinzo

Unha depilación suave que usaba Cleopatra no antigo Exipto

A pasta de caramelo preséntase como a depilación que vai revolucionar a estética pola súa suavidade e eficacia. Azucre, auga e zume de limón son os ingredientes que a compoñen.

Segundo sinalan os expertos, o tratamento é 100% natural e elimina todo tipo de vello de raíz, sen rompelo, retrasando o seu crecemento. Isto conséguese debido á textura da pasta de caramelo, que penetra no folículo piloso, envolvendo o pelo a un nivel máis profundo. O que se consegue así é extraer o vello seguindo a súa dirección de crecemento natural sen que se rompa. Deste xeito pódense eliminar pelos de incluso 1 mm de lonxitude.

A pasta aplícase a través dunha técnica manual a unha temperatura que se adapta ó corpo de cada persoa, evitando así a irritación da pel. Ademáis, segundo os profesionais da estética, o uso do azucre repercute en efectos curativos de feridas ou queimaduras, acelerando a súa cicatrización e evitando posibles infeccións.

Este método de depilación natural axéitase a calquera parte do corpo e é apto para todo tipo de pel, mesmo as máis delicadas e afectadas pola soriasis ou a dermatite.

A técnica ten as súas orixes no antigo Exipto, época na que Cleopatra practicaba un ritual de beleza coñecido como "Halawa". Trátabase da depilación con pasta de caramelo que deixaba a pel cun tacto sedoso.

Agora esta depilación trasládase ó instituto de beleza Saxa en Xinzo de Limia. Nas xornadas do xoves 10 e venres 11, quen o desexe poderá achegarse ata o centro para probar de balde esta técnica milenaria. Tan só deberán reservar hora con antelación, para garantir unha boa atención de man das profesionais, acudindo a Saxa ou chamando ó 988 46 11 35.