lunes. 25.09.2023

A Deputación aproba case medio millón de euros en subvencións a concellos, entidades sen ánimo de lucro, culturais e deportivas

Bande, Muiños, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Lobios entre os concellos que reciben subvención para actos culturais  48.000 € a Porqueira para funcionamento, e outro tanto a Lobios para as gradas do campo de futbol.
Xunta de Goberno ordinaria da Deputación Ourense. Asisiten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
Xunta de Goberno ordinaria da Deputación Ourense.

A Xunta de Goberno da institución provincial resolveu os concursos para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro (100.000 euros) e concellos (74.986,72 euros) para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a 2023

O Goberno provincial concedeu subvencións nominativas a Sarabela Teatro para o FITO e MITEU (39.000 euros) e á Fundación Ínsua dos Poetas para a Festa da Palabra (18.000 euros), así como á Federación Galega de Baloncesto para a Copa Baloncesto 2023 (15.000 euros)

Os concellos de Lobios, Padrenda, Pereiro de Aguiar e Padrenda tamén percibirán subvencións da Deputación por un importe total de 231.000 euros para mellora de instalacións deportivas, traballos medioambientais, adquisición de terreos e gastos de funcionamento

A Deputación aproba case medio millón de euros en subvencións a concellos, entidades...