domingo. 03.07.2022

A Deputación aproba a concesión de 300.000 euros en axudas para cooperación local e proxectos do programa EmprendOU

Entrimo, Rairiz de Veiga e Trasmiras entre os concellos subvencionados
Manuel Baltar e Plácido Álvarez
Manuel Baltar e Plácido Álvarez

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de máis de 300.000 euros en axudas para proxectos de cooperación local cos concellos e iniciativas empresariais e de autoemprego no rural no marco do programa EmprendOU. Con respecto a este programa, concedéronse cinco subvencións cuxa contía oscila entre os 7.000 e os máis de 8.000 euros para a posta en marcha doutros cinco proxectos relacionados con servizos de limpeza, actividades forestais e hostalería a desenvolver nos municipios da Peroxa, Riós, A Bola e dous deles en Entrimo.

48.000 euros para o acondicionamento de camiños municipais en Rairiz de Veiga; e 25.000 euros para un axente de emprego e desenvolvemento local en Trasmiras.

A Deputación aproba a concesión de 300.000 euros en axudas para cooperación local e...