A Deputación arranca mañá os “Espacios Kids”, unhas actividades de tecnoloxía “maker” para escolares de toda a provincia

Poster da actividade
A Deputación arranca mañá os “Espacios Kids”, unhas actividades de tecnoloxía “maker” para escolares de toda a provincia

A iniciativa está dirixida a nenos de entre 8 e 11 anos e desenrolarase en colexios de toda a provincia de Ourense ata o 30 de xuño

A Deputación de Ourense, como beneficiaria do Proxecto Emprende Makers, proxecto cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, levará a cabo dende mañá no CEIP Valle-Inclán de Muíños formación para nenos en tecnoloxía maker “Espacios Kids” en centros educativos de toda a provincia.

Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, pretendendo inicialos nas “tecnoloxías maker”, combinándoo co desenvolvemento da intelixencia, a creatividade e a imaxinación mediante actividades lúdicas e educativas. Dentro do proxecto levaranse a cabo obradoiros prácticos, co material e equipamento necesario, de iniciación ao deseño e á impresión 3D, iniciación á creación con “Makey Makey” e á electrónica interactiva, iniciación á robótica e a “scratch” e “gamemakers” -deseño e creación de videoxogos-. Todo elo realizarase baixo a filosofía do “faino ti mesmo”, a “metodoloxía lean” e o “learning by doing”, a través de talleres extraescolares en horario lectivo, cunha duración de entre 2 e 4 horas por taller.

Participan centros escolares de toda a provincia

As actividades comezarán mañá xoves, 17 de febreiro, no CEIP Valle-Inclán de Muíños e chegarán a diferentes centros educativos da provincia ata o 30 de xuño. De momento os centros confirmado son: CEIP Plurilingüe de Maceda, CEIP Padre Feijoo (Allariz), CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas (Bande), CEIP de Sandiás, CEIP Plurilingüe de Os Blancos, CEIP Xuvencos (Boborás), CEIP de Beariz, CEIP Irmáns Villar (Ourense), CEIP Vistahermosa (Ourense), CPI Antonio Faílde (Ourense), CEIP Curros Enríquez (Ourense), CEIP de Castrelo de Miño, CEIP Plurilingüe de Ribadavia, CEIP Virxe de Guadalupe (Avión), CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás), CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca), CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (Trives), CEIP Manuel Respino (A Rúa), CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco), CEIP Eduardo Ávila Bustillo (A Veiga), CEIP de O Bolo, CEIP Vicente Risco (Cualedro), CEIP de Oímbra, CEIP de Bibei (Viana) ou o CPI Laureano Prieto (A Gudiña). Ata o 30 de xuño esperase chegar a máis centros dos xa confirmados