A Deputación concede 674.000 euros en axudas para actividades deportivas, cultura, asociacións veciñais e concellos
Máis da metade das achegas (346.245 euros) corresponden á resolución do concurso de axudas para clubs deportivos, que beneficiará a un cento de entidades da provincia
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, acordou conceder un total de 674.518 euros en axudas para actividades deportivas, asociacións veciñais, entidades culturais, educativas e comerciais, e concellos.
Máis da metade das achegas, cun importe de 346.245 euros, corresponden á resolución do concurso de axudas para clubs deportivos, que beneficiará a un cento de entidades da provincia nas que se practican ata unha trintena de disciplinas. Na mesma sesión tamén se resolveu o concurso de subvencións para gastos de investimento de asociacións veciñais, onde a Deputación distribuirá 40.000 euros entre 21 colectivos de dez concellos da provincia.
No capítulo de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno concedeu entre outros concellos da provincia 9.000 euros son para a apertura do centro de interpretación Portas do Xurés de Calvos de Randín e 26.000 euros para gastos de funcionamento da Fundación Carlos Casares;