A Deputación concede 830.000 euros en axudas para proxectos e servizos municipais

Rosendo Fernández
A Deputación concede 830.000 euros en axudas para proxectos e servizos municipais
Máis do 50% para Bande, Porqueira e Muiños

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de 830.316 euros en subvencións para o financiamento dunha vintena de proxectos e servizos locais e intermunicipais, iniciativas de carácter social e actividades de entidades culturais.

En cooperación local, a Deputación achegará dúas axudas ao Concello de Bande: 236.000 euros para mellorar a seguridade viaria na travesía da vila e 10.000 euros máis para actividades do “Xurés E ademais concedéronse catro axudas ao Concello de Muíños: 10.000 euros para o “Xurés Experience”; 79.000 para campamentos xuvenís; 107.800 para unha nave do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES); e 45.000 para cofinanciar unha obra de Augas de Galicia para a mellora de saneamento en varias poboacións. Porqueira terá 50.000 euros para gastos de funcionamento da residencia da terceira idadexperience”.