A Deputación destina 2,4 millóns de euros para obras viarias, deportes e cooperación cos concellos

Xunta de Goberno da Deputación 1
A Deputación destina 2,4 millóns de euros para obras viarias, deportes e cooperación cos concellos
Aprobada definitivamente a achega de 150.000 € para a senda peonil da Moreira en Xinzo

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida polo vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou hoxe a incorporación ao Plan provincial de Cooperación de 13 obras na rede viaria provincial por un valor superior a 1.440.000 euros, así como subvencións aos concellos, ademais de entidades sociais e culturais, por un importe próximo aos 870.000 euros, e máis de 80.000 euros para as Copas Deputación de deportes.

Polo que respecta á modificación do Plan provincial de Cooperación, as obras incorporadas foron o reforzo do firme en varios viais entre eles a OU-1103 en Vilar de Barrio e Baños de Molgas (60.000 €); e na OU-1112 en Xinzo de Limia (72.800 €).

Tamén foi ratificado o convenio e a concesión de subvencións aos concellos Lobeira, Trasmiras e Viana do Bolo para a adquisición dun tractor con rozadoira, no marco da colaboración coa Consellería do Medio Rural para dotar a concellos de maquinaria destinada á prevención e loita contra os incendios forestais.

Xinzo de Limia contará con 150.000 euros para unha senda peonil na localidade da Moreira

Sinalar por último que no apartado deportivo aprobouse a resolución do concurso de concesión de subvencións para as Copas Deputación, por un importe superior aos 81.000 euros para un total de 32 disciplinas.