domingo. 04.06.2023

A Deputación destina 581.607 euros para cooperar cos concellos e entidades culturais, sociais e deportivas

40.000 foron destinados a concellos da Limia
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º da Deputación de Ourense); César Fernández Gil (Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá no Pazo Provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de 581.607,15  euros en axudas para cooperar cos concellos e entidades da provincia.

A maior contía deste paquete de achegas, 464.500 euros, vai destinada ao financiamento de 16  proxectos de carácter municipal.

 En concreto, a Xunta de Goberno deu luz verde a unha subvención de 10.000 euros para o Concello de Calvos de Randín destinado ás Portas do Xurés e outros 12.000 euros para o Concello de Entrimo destinados á Xures Experience.

Ademais, o Concello de Bande contará cunha axuda de 12.000 euros para cofinanciar un proxecto municipal xa deseñado en colaboración coa Xunta de Galicia

Completando as liñas de colaboración cos concellos ourensáns aprobadas esta mañá, a Xunta de Goberno aprobou unha achega  de 6.000 euros ao Concello de Vilar de Barrio para arranxos por causa dos temporais.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a resolución do concurso para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas correspondentes ao exercicio 2023, cun total de 60.000 euros distribuídos entre 28 proxectos culturais de toda a provincia, que foron presentados polos seus organizadores ao concurso e posteriormente valorados pola Comisión de Valoración, nunha reunión celebrada o 16 de maio.