A Deputación destina preto de 340.000 euros a cooperación con concellos, deportes e cultura

Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPO
A Deputación destina preto de 340.000 euros a cooperación con concellos, deportes e cultura
Amigos da Romaría da Saínza terá unha subvención de 16.000 euros para a celebración desta tradicional festa.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na reunión celebrada hoxe baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández aprobou a concesión de preto de 340.000 euros en subvencións para cooperación con concellos, deportes e actividades culturais.

No apartado de cooperación con concellos, a Xunta de Goberno concedeu unha achega de 127.000 euros ao Concello de Bande para os traballos de execución, dirección, coordinación e saúde correspondentes ao proxecto de mellora da estrada OU-540, ao seu paso pola vila. Tamén se aprobou unha axuda de 90.000 euros ao Concello de Ribadavia para obras na ponte de Veronza; 55.000 euros ao Concello de Toén para a adquisición dun inmoble que acollerá o centro de interpretación do río Miño; e preto de 17.000 euros ao Concello da Rúa para actividades e gastos de funcionamento da Escola de Gaitas correspondentes ao presente ano.

En deportes, o Ourense Club de Fútbol disporá dunha subvención de 25.000 euros para gastos de funcionamento da tempada 2020-2021, e a Fundación Ado Moure contará cunha achega de 6.000 euros para a realización de actividades no presente ano. Por outra banda, a Asociación sociocultural Amigos da Romaría da Saínza terá unha subvención de 16.000 euros para a celebración desta tradicional festa.