A Deputación destina preto de 400.000 euros en axudas para cooperación con concellos

Xunta de Goberno da Deputación 1
A Deputación destina preto de 400.000 euros en axudas para cooperación con concellos
Lobeira e Porqueira únicos concellos da Limia que recibirán cartos, dos acordos desta Xunta de goberno

O Concello de Lobeira, pola súa banda, disporá de dúas subvencións, por importe de 48.000 euros cada unha delas, para un primeiro proxecto de acondicionamento de rúas en Parada do Monte e Vilariño de Santa Cristina, así como para a mellora do firme en Vilariño de San Xés e os accesos ás localidades de Fradalvite e Santa Cruz.

Porqueira contará con 17.000 euros para cofinanciar un proxecto do IDAE de eficiencia enerxética no alumeado público, case que a mesma cantidade que a destinada ao Concello da Teixeira con idéntica finalidade.