A Deputación entrega ao Posto de Mando da Xunta 20.000 máscaras para repartir entre os centros sociais e sociosanitarios de Ourense

Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense) entraga un novo lote de 20.000 (vinte mil) mascarillas a Xunta de Galicia para a súa distribución ós concellos da provincia de Ourense.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, envía as 20.000 máscaras que a institución provincial entrega ao Posto de Mando Avanzado da Xunta para o seu reparto entre os centros sociais e sociosanitarios de Ourense. “Con esta nova entrega de máscaras, sumadas ás anteriores que foron destinadas aos concellos da provincia, pretendemos colaborar na protección da sociedade ourensá achegando material que resulta indispensable neste momento de crise sanitaria”, destacou Rosendo Fernández.

Desde o inicio desta pandemia, a Deputación de Ourense amosou en numerosas ocasións o seu compromiso de colaboración coa nosa provincia aportando, ademais de máscaras, guantes, xel desinfectante, lixivia, pantallas de protección facial, accións que contaron coa colaboración do sector privado e académico -empresas como Adolfo Domínguez, Lejía Sarmiento, Asime e a Universidade de Vigo-, así como 3.500 quilos de alimentos, doados pola Deputación e Gesmedical ao Banco de Alimentos de Ourense.

En total, a Deputación de Ourense investiu nas últimas semanas máis de 8,2 millóns de euros, destinados a axudas e proxectos de emprego, apoio a autónomos, empresas, profesionais, comercio, emprendedores e cooperación cos concellos da provincia