A Deputación lanza a aplicación “VOUContigo”

Icono APP - VOUcontigo
A Deputación lanza a aplicación “VOUContigo”

A iniciativa, gratuíta, está deseñada para xerar confianza nos desprazamentos de toda a poboación, con especial foco nas nenas e adolescentes, de modo que poidan comunicar os seus roteiros a grupos de confianza

A Deputación de Ourense lanza a aplicación gratuíta “VOUContigo”, unha iniciativa deseñada para xerar confianza nos desprazamentos de toda a poboación, con especial foco nas nenas e adolescentes, de modo que poidan comunicar os seus roteiros a grupos de confianza -pais, familiares, amigos…-.

-11.00 horas: Presentación da aplicación VouContigo.- A deputada Luz Doporto e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, presentan a aplicación VouContigo. Lugar: Sala de prensa do Pazo Provincial.
Presentación da aplicación VouContigo.- A deputada Luz Doporto e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, presentan a aplicación VouContigo.

A deputada de Igualdade, Luz Doporto, e o director da Área de Transparencia e Goberno Aberto, Fernando Suárez, presentaron esta mañá a aplicación na sala de prensa do Pazo Provincial.

13

“Oxalá non fixera falta lanzar esta aplicación”, sinalou Doporto, que no marco previo ao 25 de novembro -Día internacional da eliminación da violencia contra a muller- tamén recalcou a necesidade de seguir traballando na concienciación e educación en valores, a través de medidas como o proxecto “Nena e Deporte”, acordado no Debate do estado da provincia da pasada semana e que promoverá a igualdade de de xénero e a prevención da brecha de xénero, utilizando como ferramenta o deporte cun programa online e actividades presenciais dirixidas a centros escolares e clubs deportivos de toda a provincia.

“A app VOUcontigo é un claro exemplo da aposta da Deputación polo uso da tecnoloxía para mellorar a calidade de vida en liña co proxecto ‘Provincia Intelixente”, sinalou pola súa parte Fernando Suárez, que explicou os detalles técnicos dun proxecto apoiado no “dispositivo máis universal nos nosos tempos, o teléfono móbil, e con especial atención á facilidade de uso, de modo que pais e educadores poidan empregar tamén a ferramenta sen necesidade de esforzo de aprendizaxe da mesma”. Buscouse tamén, explica Suárez, “a universalidade de utilización, ao ser unha ferramenta gratuíta e xa estar dispoñible nos dous principais sistemas operativos móbiles: Android e iOS”.