A Deputación de Ourense aproba axudas para temas de Servizos Sociais, Cultura, Deportes e Infraestruturas

Xunta de Goberno 080819
A Deputación de Ourense aproba axudas para temas de Servizos Sociais, Cultura, Deportes e Infraestruturas
Para o Concello de Vilar de Santos 31.526 €

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe diversas axudas para cooperar con concellos e entidades en proxectos culturais, deportivos, de servizos sociais e infraestruturas para o Concello de Vilar de Santos, aprobouse o pago anticipado de 31.526 euros para o proxecto de mellora enerxética. Por último, aprobouse unha modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais de 2019 relativa ao municipio de Melón que substitúe a obra “Carril – bici na N120 na parroquia de Quins”, pola obra “acondicionamento de beirarrúa e travesía municipal”, cun orzamento total de 48.000 euros.

Resolucións

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou catro resolucións de concursos para a concesión de axudas en materia de deportes, cultura e servizos sociais. Por un lado, aprobou a resolución definitiva da convocatoria de axudas dirixida a entidades sociais para proxectos de servizos sociais para o ano 2019, a través do cal a institución provincial destina máis de 300.000 euros en axudas para preto de 60 proxectos.

Na reunión aprobouse tamén a resolución do concurso para a concesión de axudas para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas correspondentes ao ano 2019. Dita resolución recolle un investimento total de 80.000 euros para diversas actividades. Neste mesmo apartado cultural, aprobouse a resolución do concurso para a concesión de axudas a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes ao exercicio 2019. Mediante este concurso, a Deputación de Ourense destina un orzamento de 99.941 euros para os proxectos culturais de 50 municipios ourensáns.

A última resolución aprobada durante a xuntanza foi a do concurso para a concesión de axudas a clubs deportivos de Ourense para o ano 2019 que recolle máis de cen axudas para diferentes disciplinas deportivas como fútbol, kickboxing, patinaxe, taekwondo, ximnasia, xadrez, wushu, entre outras.