A Deputación de Ourense colabora na impartición de cursos de formación sobre ciberseguridade para promover a protección de datos

Soluciones-de-Ciberseguridad
A Deputación de Ourense colabora na impartición de cursos de formación sobre ciberseguridade para promover a protección de datos

As persoas participantes poderán coñecer de primeira man as formas máis eficientes para a protección de datos na rede dentro do Esquema Nacional de Seguridade

O Nodo Galego de Ciberseguridade, do que a Deputación de Ourense é entidade fundadora, organiza unha serie de xornadas sobre a protección dos datos persoais na rede dirixida a empresas e pequenos concellos. A organización desta serie de actividades formativas busca facilitar ás entidades locais e a calquera outra entidade interesada o acceso á experiencia na adecuación normativa, organizativa e técnica que dispón a institución provincial, dando cumprimento así o establecido dentro do plan de mandato Ourense 7273, dentro do apartado de innovación, dixitalización, transformación económica e apoio ás pequenas e medianas empresas.

consejos-seguridad-malware-1078x516

Nestes encontros daranse cita algunhas das mellores firmas de consultaría e ciberseguridade nunha modalidade en liña, o cal permitirá facilitar a compatibilidade entre os cursos e a actividade laboral dos participantes, que poderán coñecer de primeira man as formas máis eficientes para a protección de datos na rede dentro do Esquema Nacional de Seguridade.

O ciclo de actividades comezará o vindeiro 19 de maio as 19,00 horas coa charla “Canto valen os meus datos?”, un curso online para expoñer e explicar os principais métodos de enxeñaría social empregados polos ciberdelincuentes para a extracción de datos persoais e como protexerse destes, a cargo de Javier Cercas, membro do equipo de Xestión Técnica da Intelixencia sobre Ameazas de CyberSOC Deloitte. As inscricións poderanse facer a través da páxina web https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/canto-valen-os-meus-datos

O 25 de maio, ás 19,00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel celebrarase a segunda xornada, ”Estafas telemáticas y evidencias digitales”. Centrará a súa actuación nas estafas telemáticas e as evidencias dixitais, as cales alcanzaron a cantidade de 20.000 estafas en Galicia durante todo o ano 2021, de acordo co último balance de criminalidade publicado, o que supón un aumento do 53,60% con respecto o ano 2020. Este curso de actualidade ten formato mixto -online e presencial- e estará impartido por Roberto Valente, enxeñeiro informático e membro do equipo de delitos informáticos da Guardia Civil en Ourense.