O desfile infantil do Entroido 2016 de Xinzo incorpora a participación de máis escolas da comarca

desfile infantil
O desfile infantil do Entroido 2016 de Xinzo incorpora a participación de máis escolas da comarca

Esta mañá celebrouse unha xuntanza no salón de plenos do Concello, como primeira toma de contacto para organizar o desfile infantil do Entroido que terá lugar o venres 5 de febreiro de 2016. Acudiron representantes do CEIP Rosalía de Castro, CEIP Carlos Casares, da Escola Infantil de Xinzo de Limia, do Punto de Atención Infantil de Sandiás, da escola de Rairiz de Veiga e dos institutos IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía. Tamén se presentou o concelleiro de Turismo de Xinzo, Carlos Gómez. A intención é dar cobertura a unha necesidade manifestada por moitas das escolas da contorna que estaban interesadas en participar no desfile infantil do vindeiro Entroido .

Están á espera de que contesten outras escolas como a de Sarreaus, Os Blancos, Vilar de Barrio ou Baltar, para comezar a escoller a temática dos disfraces e o itinerario que vai percorrer o desfile. Tamén traballan coa idea de convocar un concurso para deseñar o cartel infantil e que sexan os máis pequenos quenes participen.

A organización do evento corre a conta dos centros educativos e o Concello colabora aportando as charangas, transporte e os membros de Protección Civil.

O vindeiro martes 13 terá lugar outra reunión para seguir avanzando na posta en marcha do desfile infantil do Entroido 2016.