Despois de roubarlle o bolso sácanlle 600 € da conta

53
Despois de roubarlle o bolso sácanlle 600 € da conta

Como xa comentou \“dendealimia.com\” o día seguinte dos feitos, M.C.P. dirixíase a súa casa o venres pola noite e na rúa Marcelo Macias foi asaltada por un mozo nunha bicicleta que lle arrebatou o bolso con todo o que levaba dentro.

Ahora sábese, segundo comunica a Garda Civil, despois da denuncia presentada pola afectada, que o asaltante usou as suas tarxetas para sacar 600 € da súa conta.

INVESTIGACIÓN DA GARDA CIVIL

Segundo puido saber o \“dendealimia.com\”, o corpo de seguridade segue algunhas pistas crendo que se trata de algún veciño que xa teñen medio localizado, e espera que pronto se resolva este caso. Tamén creen que a persoa asaltada estaría a ser vixiada á saida do establecemento no que traballa, pensando que levaría encima a recadación dese día.

FERIDAS LEVES

A veciña, tivo que ser atendida por unas pequeñas feridas na cabeza.