Detido un home en Vilar de Santos con varias prendas de roupa falsificada

La Guardia Civil de Calvos de Randín interceptó a la furgoneta del investigado.
Detido un home en Vilar de Santos con varias prendas de roupa falsificada

O home é veciño de Xinzo de Limia

A Garda Civil de Verín detivo a un home de 51 anos cando circulaba pola OU-531 ó seu paso por Vilar de Santos. O motivo que propiciou a súa detención é que no interior do seu vehículo levaba roupa falsificada Así o informou o Instituto Armado a través dun comunicado no que se recolle tamén que o detido coas iniciais A.A,veciño de Xinzo, está considerado suposto autor dun delito contra a propiedade industrial.

A operación da Garda Civil levouse a cabo na tarde do domingo. Agora o caso está en mans do xuzgado de instrución número un de Xinzo de Limia.