Detido o presunto autor dos incendios deste fin de semana na Limia

IMG-20150830-WA0041
Detido o presunto autor dos incendios deste fin de semana na Limia

G.A.A. de 83 anos é veciño de Cualedro

Fai unhas horas que a Guardia Civil, detivo a un veciño de Cualedro G.A.A. de 83 anos como presunto autor do incendio que este fin de semana comezou en Cualedro e posteriormente chegou ós concellos de Xinzo, Trasmiras e Baltar.

Este incendio foi declarado pola Xunta de Galicia como o máis grande de Galicia dende o ano 2000, chegando a alcanzar segundo os datos oficias a 3.180 Ha.

O presunto autor, será posto a disposición xudicial previsiblemente esta mesma tarde nos xulgados de Verín.