31 de agosto de 2015, 22:22
Hoxe xa é o día de facer reconto de danos e sobre todo de analizar o por que?
A Consellería de Medio Ambiente, deu por controlado no medio día de hoxe o incendio que afectou a terras dos concellos de Baltar-Cualedro-Trasmiras e Xinzo de Limia.
3.000 Ha. En total son as cifras que se valoran por parte da Consellería. Pero a pregunta que se fan tódolos alcaldes dos concellos afectados e “por que”.
Todo parece controlado, pero a paisaxe que se pode ver facendo un percorrido polos diferentes concellos e parecida as imaxes que acostumamos ver nos telexornais, despois dun dia de guerra.