Día de visita do alumnado de 1º e 2º de E.P. do Carlos Casares
Esta semana visitaron o Concello, a biblioteca Pública e o Conservatorio
Esta semana o alumnado de 1º e 2º de E.P. do Ceip Carlos Casares acompañados do profesorado fixeron un percorrido polo Concello e outras institucións, que os esperan no seu futuro. E porque non, algún deles sexa o día de mañá concelleiro/a ou alcaldesa.

No salón de plenos foron recibidos pola alcaldesa Elvira Lama, e nos salón de plenos recibiron unha lección do que alí se facía.
Pasaron logo a biblioteca pública onde ademais de recibir un agasallo escoitaron a un contacontos.

Para rematar a xornada foron recibidos no conservatorio Municipal, onde a directora e o profesorado, ademais de ensinarlle as instalacións puideron contemplar unha colección de instrumentos, ademais de participar nunha pequena clase de percusión.




