Un diagnóstico facial e un tratamento de balde nun centro de estética de Xinzo

facial
Un diagnóstico facial e un tratamento de balde nun centro de estética de Xinzo

Caravel Estética ofrece este servizo o día 26

O vindeiro 26 de outubro as persoas que o desexen teñen a oportunidade de facer un diagnóstico facial da súa pel cunha cámara que escanea o texido. Caravel Estética ofrece a posibilidade de ter un asesoramento profesional de balde. facialAsistidos por unha técnica da casa Bohí Spa, poderán coñecer de primeira man como está a súa pel e de precisalo, que coidados lles recomendan para mellorala. Ó remate da análise facial poderán disfrutar dunha limpeza da pel tamén gratuíta.

Durante este día, Caravel Estética estará aberto de 9.30h a 20.30h coa intención de poder asistir a todo mundo que desexe achegarse. Recoméndase anotarse para disfrutar dun mellor servizo e poden facelo achegándose ó centro de estética na Rúa Santa Mariña de Xinzo, ou a través da súa páxina en Facebook. Se o prefiren tamén poden reservar cita chamando ó 988 46 01 28 ou ó 634 92 98 19.

A casa Bohí Spa é unha recoñecida firma que destaca por traballar con minerais, augas termais e vitaminas que axudan a un bo mantemento da pel.