DÍAZ MOUTEIRA DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA COAS PERSOAS DIABÉTICAS NUNHA XUNTANZA COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN AURIA

Diabéticos AURIA
DÍAZ MOUTEIRA DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA COAS PERSOAS DIABÉTICAS NUNHA XUNTANZA COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN AURIA
  • Na actualidade a Xuntacolabora coa entidade na contratación de persoal

A delegada territorial en Ourense coñeceu as actividades que desenvolve este colectivo e as súas principais necesidade

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho á presidenta da Asociación de persoas diabéticas de Ourense, Auria, Mª Paz Gómez del Valle e a membros da xunta directiva. Na xuntanza a máxima representante do Goberno galego en Ourense transmitiu á responsable de Auria o seu compromiso coas persoas que sofren diabetes e, logo de escoitar as principais necesidades deste colectivo, trasladoulle a total dispoñibilidade da Administración autonómica para \“garantir o benestar deste colectivo\”. Na actualidade o Goberno galego colabora coa asociación de diabéticos de Ourense na contratación de persoal a través da Orde de subvencións para fundacións e entidades sen ánimo de lucro que contraten traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social.

DiabéticosAdemais, Marisol Díaz destacou o traballo da Xunta na prevención da diabetes que é un dos principais problemas sanitarios da actualidade, xa que a súa elevada prevalenza e a morbilidade asociada a converten nunha das patoloxías que maiores recursos consume nos sistemas sanitarios.

Díaz Mouteira coñeceu as actividades que realiza a cotío esta asociación e así acompañou a membros desta asociación na clausura da exposición fotográfica que durante o mes de maio estivo colgada no Espazo Xove. A mostra está composta por fotografías protagonizadas polos nenos e nenas de Auria e realizadas durante unha saída polo casco histórico da cidade organizada pola asociación, pero inclúe ademais paneis informativos sobre esta enfermidade.