Diego Gago, Sergio Camiña e Jorge Cubela fixeron unha parada en Xinzo

20150710_184411-1
Diego Gago, Sergio Camiña e Jorge Cubela fixeron unha parada en Xinzo

Camiño da convención do PP en Madrid o Pte de NN.XX fixo un alto invitado por José A. Parente e os seus membros

As seis da tarde as NN.XX. do Partido Popular de Xinzo en cabezadas polo seu presidente José A. Parente e ós demais membros da comarca recibiron na sede local ó Pte. autonómico e concelleiro en Vigo Diego Gago.

A Diego acompañábano o Secretario xeral galego Sergio Camiña e o alcalde de Cotobade Jorge Cubela, o alcalde máis novo de Galicia.

AGRADECEMENTO A TODOS OS MEMBROS DE XINZO

Tomou a palabra o Pte. Autonómico para destacar a labor que están a levar a cabo as xuventudes do partido en Xinzo, destacando non soio a nivel provincial, se non, sendo unas das agrupacións máis activas de Galicia.

Tamén expuxo Gago os plantexamentos que vai a facer na súa ponencia na convención do partido en Madrid a cal se dirixían.

Ten craro Gago que o partido ten que dar un cambio, e entre outras cousas el vai a propoñer a posibilidade de primarias, reformulación do Senado e das Deputacións desafiuzamentos e loita contra a corrupción, así como cada persoa un cargo, son as inquietudes a plantexar na convención.

ALCALDE CON SOLO 26 ANOS

Tamén quixo saudar ós presentes Jorge Cubela, o alcalde de Cotobade en Pontevedra, que tamén ten a honra de ser o alcalde máis novo de Galicia.

Continuou o Secretario Xeral de NN.XX. de Galicia Sergio Camiña, para eloxiar a agrupación de Xinzo, e sobre todo o seu Presidente Parente, porque como dixo, en cada reunión en Santiago non deixa de solicitar intervencións no rural da Limia, así como tampouco deixa de organizar actos solidarios, como o deste fin de semana, co torneo de fútbol sala.

Finalizado o acto os xoves de Xinzo quixeron obsequiar o Pte. e o Secretario xeral, con sendas camisetas coas que formará o equipo mañá no torneo.