A directiva de ProLimia seguira un ano máis

Asemblea ProLimia- Marzo 2022
A directiva de ProLimia seguira un ano máis

Eu non deixo ProLimia así desta maneira”- (Concha Conde-Presidenta)

Esta tarde celebrouse a asemblea de ProLimia, na que se esperaba que houbera un grupo de socios e socias que tomaran o relevo a directiva presidida por Concha Conde. Prantexado o tema de novas candidaturas, ninguén se ofreceu e a actual presidenta manifestou que ela non deixaría a asociación sen ninguén que se fixera cargo, iso si solicitando a colaboración de algún socio máis.

Actual xunta directiva
Actual xunta directiva

POR SORTEO

Nun momento da reunión e ante a ausencia de candidatos para asumir a xunta directiva, algúns dos socios propuxeron que fose por sorteo. Esta opción non se viu con moitas ganas por parte dos presentes, menos do 25% dos socios totais. Ante esta situación a actual directiva decidiu seguir unha tempada máis, coa axuda de algún voluntario que se adheriu a mesma.

Estudiarase a posibilidade de contratar a unha empresa especializada, como parece ser teñen outras asociacións de outras vilas, para que a función da directiva sexa máis a de coordinación, aceptación de propostas e transmisión aos socios.