Dispárase o prezo do marisco nos mercados da Limia na véspera da cea de Fin de Ano

marisco
Dispárase o prezo do marisco nos mercados da Limia na véspera da cea de Fin de Ano

As rúas de Xinzo están ateigadas de xente mercando sobre todo os alimentos para a cea de Noitevella. O marisco é un dos manxares que non soe faltar nas casas durantes estas datas. Con todo, máis de unha e de un mudarán o menú en vista os prezos que acadou nestes días.

Dando unha volta polos mercados da vila podemos ver o quilo da cigala e da nécora a 33 euros. O aumento destes prezos ven marcado polo feito de que nos últimos días o mal tempo no mar impediu que poideran faenar con normalidade e hai pouca cantidade e cara.

Así as cousas o quilo de ameixa xapónica de Galicia podemos atopalo por 17 euros ou o boi a 13. Outra opción é cociñar carne, nese caso unha das máis cotizadas, a chuleta de tenreira está a 12 euros o quilo,o cochinillo a 9 ou a pata de cordeiro a 7 euros.

O que si se podía ver esta mañá era moita xente mercando as tradicionais uvas para comer xunto as badalas que marcan o fin de ano. No que se refire ós prezos podemos atompar o quilo dende 2,30 euros ata 1.55. En comparación con outros anos por estas datas, o prezo desta froita viña sendo o mesmo.