Dña Elvira ven sabe que a maioría dos pasos de peóns que están en mal estado dependen de Fomento

ricardo sieiro
Dña Elvira ven sabe que a maioría dos pasos de peóns que están en mal estado dependen de Fomento

O informe a que se refire foi solicitado por esta concellería a Policía Local

Ese informe a o que eles se refiren e un informe solicitado por min aos servizos técnicos para contestar a moción presentada polo grupo socialista sobre a situación dos pasos de peóns.

Era para ver o estado de deses pasos e traballar nos que nos competen a nos, que son as vías municipais, pero precisamente despois dese informe detectase que aqueles que presentan maiores deficiencias e en máis cantidade deles son os que non son de titularidade municipal.

Segundo manifesta Sieiro a vía que concentra máis pasos de peóns é a N.525. E é aí onde se atopan as principais carencias e precisamente esa vía non é de competencia Municipal. Recordará a portavoz do PSOE que eles votaron a favor dunha moción nun dos últimos plenos no que se instaba dende o concello ao goberno central para o arranxo das sinalizacións horizontais das principais rúas da vila. Dentro desa solicitude tamén indicábamos a posibilidade de facer os pasos elevados para acondicionar a velocidade.

Nós solicitamos permiso a Fomento para arranxar algúns e incrementar a iluminación noutros.Eles contestaron que nós non podíamos e onde comezáramos xa paralizáronos os arranxos.

No mesmo caso encontrase a Avd/ de Portugal e a rúa Dous de Maio, que a Xunta de Galicia, aínda non cedeu ao concello.

Esperamos que a Xunta nos autorice para que nos poidamos actuar cun proxecto xa deseñado polos nosos técnicos, nos dous casos de vías autonómicas.