Doazóns de alimentos e produtos de hixiene

14-11-16-2.admin.Recollida_alimentos_1
Doazóns de alimentos e produtos de hixiene
O CDR O Viso comeza a recibir doaczóns de produtos para repartir

Como todos os anos nestas datas, próximas ó nadal,o CDR O Viso comezou a recibir as doazóns de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene.

14-11-14-20.admin.Recollida_alimentos_3_jpg.

Fai dúas semanas, o día 2 de decembro recibimos de grupo GADISA un lote de alimentos con: sardiñas en latas, pasta, aceite de xirasol, salsa de tomate, leite, garavanzos, lentellas e fabas; tamén produtos para fregar o chan e de hixiene como: xel, xampú e compresas.
Este luns 12 de decembro, achegámonos á nave do Banco de Alimentos, no Polígono San Cibrao das Viñas, para recoller un lote de alimentos cun total de 805 quilos, entre os que se atopaban: galletas, pasta, arroz, azucre, leite, aceite de xirasol, atún e mexillóns en conserva, fabas, salsa de tomates, turróns e cacao soluble.
Alimentos e produtos que iremos repartindo ó longo do mes de decembro e xaneiro.
Estamos inmensamente agradecidos por este tipo de doazóns que nos axudan a incrementar, con produtos saudábeis e de primeira necesidade, á bolsa da compra das familias que se atopan dentro do programa de “Atención ás necesidades básicas” que o CDR “O Viso” leva a cabo con persoas en situación ou en risco de exclusión social, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda de persoas físicas.
Agradecer tamén a labor das persoas voluntarias que sempre están para realizar diferentes tarefas nos diferentes programas.

14-11-13-40.admin.Recollida_alimentos_4_jpg.