“Este domingo, a papeleta do PP significa apostar polo futuro de Ourense e por abrir un novo ciclo político en España” (M.Baltar)

Mitin PPOU en Xinzo de Limia.
“Este domingo, a papeleta do PP significa apostar polo futuro de Ourense e por abrir un novo ciclo político en España” (M.Baltar)

A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, lembrou os continuos agravios de Pedro Sánchez a Ourense, como abandonar a A-76 e a A-56 ou negarse a rebaixar a peaxe da AP-53

A Casa da Cultura de Xinzo encheuse de simpatizantes e militantes do Partido Popular, no mitin da comarca ao que asistiron ademais dos candidatos ao Congreso e ao Senado pola nosa provincia, a Secretaria Xeral do partido e o Conselleiro de Sanidade e moitos alcaldes e alcaldesas da comarca.

Antonio Fernández Veiga (Toni) foi o encargado de abrir as intervencións e agradecer a presenza de todos os candidatos, as autoridades da Xunta e a todos os veciños e veciñas que enchían unha vez máis o recinto.

Mitin PPOU en Xinzo de Limia. Asisiten Manuel Baltar (Presidente do PPOU), Julio Comesaña (Conselleiro de Sanidade), Antonio Fernández (Presidente do comite local do PPOU en Xinzo de Limia), Paula Prado (Secretaria Xeral do PPdeGA),  Ana Vázquez (Candidata do PPOU ó Congreso), Carmen Leyte (Candidata do PPOU ó Senando) e o resto da candidatura do PPOU ás eleccións xerais.
Mitin PPOU en Xinzo de Limia.

A continuación subiu ao estrado Ana Belén Vázquez “Ana de Bande” que , lembrou os “continuos agravios de Pedro Sánchez a Ourense, como deixar nun caixón a A-56 e a A-76, dúas autovías fundamentais para a vertebración da provincia, ou negarse a rebaixar a peaxe da AP-53”

“Ourense e Galicia sempre foron territorios de terceira para Pedro Sánchez, un presidente que ao longo destes cinco anos decidiu as grandes inversións baixo un único criterio: permanecer na Moncloa atendendo as esixencias dos seus socios de Goberno”, recalcou na súa intervención Ana Belén Vázquez.

Mitin PPOU en Xinzo de Limia. Asisiten Manuel Baltar (Presidente do PPOU), Julio Comesaña (Conselleiro de Sanidade), Antonio Fernández (Presidente do comite local do PPOU en Xinzo de Limia), Paula Prado (Secretaria Xeral do PPdeGA),  Ana Vázquez (Candidata do PPOU ó Congreso), Carmen Leyte (Candidata do PPOU ó Senando) e o resto da candidatura do PPOU ás eleccións xerais.
Ana Belén Vázquez.(Ana de Bande)

Fronte á discriminación do PSOE, Ana Belén Vázquez reafirmouse no compromiso de Alberto Núñez Feijóo coa provincia: “Cada voto ao Partido Popular é un voto para Ourense. Porque ninguén mellor que Feijóo pode ser valedor do futuro de Ourense, porque é o futuro presidente de España e coñece perfectamente as necesidades e potencialidades deste territorio. Por iso, cada voto ao Partido Popular é un voto para Ourense”

Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG referiuse á confirmación por parte de Bruxelas de que as autovías españolas serán de pago a partir de 2024 e cualificou a medida como unha nova hipoteca e unha nova mentira destapada do Goberno de Sánchez”

Aproveitou tamén a súa intervención para destacar da visita de Mariano Rajoy hoxe a Galicia que, a diferencia de Pedro Sánchez, os representantes do Partido Popular si poden saír á rúa e ademais reciben alá onde van o apoio e o cariño da ciudadanía.

O Partido Popular ten un candidato que representa o sentir dos veciños e das veciñas do lugar onde vai porque Alberto Núñez Feijóo é o candidato da xente, tal e como se verá o domingo nas urnas”, concluíu a secretaria xeral do PPdeG.

Este domingo, a papeleta do Partido Popular significa apostar polo futuro de Ourense.

Na súa intervención desta tarde en Xinzo de Limia, o líder provincial do PPdeOU remarcou a importancia dos comicios deste domingo: “Estamos a tres días dun momento decisivo. Por iso, cada voto é necesario para desterrar o ‘sanchismo’ e recuperar o camiño do progreso a través do liderado dun ourensán, Alberto Núñez Feijóo”

Mitin PPOU en Xinzo de Limia. Asisiten Manuel Baltar (Presidente do PPOU), Julio Comesaña (Conselleiro de Sanidade), Antonio Fernández (Presidente do comite local do PPOU en Xinzo de Limia), Paula Prado (Secretaria Xeral do PPdeGA),  Ana Vázquez (Candidata do PPOU ó Congreso), Carmen Leyte (Candidata do PPOU ó Senando) e o resto da candidatura do PPOU ás eleccións xerais.

”Este domingo, a papeleta do Partido Popular significa apostar polo futuro de Ourense e abrir un novo ciclo político en España”, destacou Manuel Baltar no mitin, celebrado esta tarde na Casa da Cultura de Xinzo

“Queremos lealdade institucional. Queremos un Goberno que goberne para as maiorías e non maniatado polas minorías. Queremos un Goberno que solucione problemas e que non os provoque. E para acadar isto, o domingo so hai unha opción: votar ao Partido Popular”

Para rematar a súa intervención e o acto, o líder provincial do PPdeOU insistiu no obxectivo de acadar o terceiro deputado en Ourense: “O 3-1 é fundamental, simbolizará a vitoria do ourensán Alberto Núñez Feijóo. E para iso estamos a traballar, apoiados na potencia da maquinaria do PPdeOU e o que supón contar cun candidato como o ourensán Alberto Núñez Feijóo”