DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA INVERSIÓNS NESTES 14 MESES

López Casas
DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA INVERSIÓNS NESTES 14 MESES

800.000 € comprometidos para a avenida de Ourense

O alcalde quixo facer un esbozo do que pensa investir, non gastar, nestes 14 meses que restan. Máis de dous millóns de euros.Efectivamente grazas as xestións do Sr. Alcalde de Vigo, tamén, Sra. Lama.

Anunciou unha pronta inversión na avenida de Ourense , un proxecto de 800.000 €. A metade da Deputación Provincial e a outra do concello de Xinzo. Esperamos que cando os tres concelleiros deste pleno que son deputados provinciais, lles toque votar, non solo o fagan positivamente, se non que incrementen a cantidade xa comprometida.

Tamén xa estamos negociando outro proxecto de inversión de outros oitocentos mil euros con Fomento para a avenida de Madrid.

Esta mañá tamén quedou case apalabrada a inversión por parte da CHMS para retirar as tres fosas sépticas que quedan no noso concello.