Dous nomes da Limia completan a candidatura do PP por Ourense para as autonómicas

pp
Dous nomes da Limia completan a candidatura do PP por Ourense para as autonómicas

Carlos Gómez Salgado concelleiro de Turismo de Xinzo, e José Antonio Parente, Presidente de Novas Xeracións, completan a lista do PP por Ourense de cara as eleccións autonómicas de setembro.

O Partido Popular de Galicia presentou a que será a súa candidatura definitiva para a Xunta na cidade das Burgas.

Á cabeza da lista está Marisol Díaz seguida de nomes como Miguel Santalices, actual presidente do Parlamento de Galicia, José Luis González Vázquez, Antonio Rodríguez Miranda, Cristina Romero, Marta Novo Iglesia, César Manuel Fernández, Moisés Blanco Paradelo, Marta Rodríguez-Vispo, Antonio Mouriño Villar, Carlos Gómez Salgado, Jackeline Fernández, Marta Pena e José Antonio Parente.

Como suplentes figuran Manuel Fernández Quintas, Roberto Bermúdez, Ana María Oliveira, Ana Torres Madureira e María Gabriela Doallo.