Dúas candidaturas se presentan para dirixir civitas limicorum

IMG_20191228_193458
Dúas candidaturas se presentan para dirixir civitas limicorum

As eleccións serán mañá venres 3 de xaneiro dende ás 20 a 22 horas

Civitas Limicorum convoca aos socios pa a elección da nova Xunta directiva que rexirá os destiños da asociación e os da Festa do Esquecemento nos viendeiros anos, para o día 3 de Xaneiro do 2020, en horario de 20:00 a 22:00 h, na recepción da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.

Poderán exercer o seu voto tódolos socios, maiores de idade, inscritos na nosa asociación de forma presencial ou aqueles socios que mediante a delegación de representación noutro socio(axuntase o documento correspondente para tales efectos neste escrito) así o estimen.

DUAS CANDIDATURAS, ESPERADAS DE ANTEMÁN

IMG_20191228_192655

Parte da candidatura que se presenta a reelección que preside Iván Prado

A primeira das candidaturas está encabezada por Iván Prado Rodríguez, como vicepresidenta a Leticia Díaz Nóvoa e Secretario Carlos Enriquez Quintas. Ademais forman parte desta candidatura 6 socios e socias máis que como eles xa formaban parte da directiva anterior e foron os organizadores dás últimas edicións da Festa.

A outra candidatura que se presenta para facerse cargo dos destinos da asociación está encabezada por Marcos Argibay Gago como presidente e Placer Feijoo López como vicepresidente e secretario Francisco J. Cao Paradela. Esta candidatura conta con solo 6 membros, dous deles mulleres.

Segundo estatutos vixentes a elección desta nova directiva deberá ser polos 2/3 de votos afirmativos do total de persoas que concurran a esta asemblea extraordinaria, sendo votación mediante urna e voto segredo.

A partires das 22:00 h. comezarase co reconto dos votos presentándose a directiva elixida o día 4 de Xaneiro.

Todos as candidaturas poden elixir a un representante para que valide as votacións e o reconto si así o estiman necesario.