A DXT iniciará mañá luns unha campaña especial para controlar que os vehículos circulen en boas condicións

Grada Civil nun control.
A DXT iniciará mañá luns unha campaña especial para controlar que os vehículos circulen en boas condicións

O adecuado mantemento dos elementos de seguridade resulta decisivo fronte á siniestralidade viaria.

Membros da Federación Nacional de Asociacións de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos acompañarán aos axentes nalgúns dos controis para concienciar aos condutores

Dos preto de dous millóns de vehículos matriculados actualmente en Galicia, máis do 60% supera os 10 anos de antigüidade

A mesma campaña desenvolvida o ano pasado en Galicia concluíu con 1.154 denuncias, na súa maioría por irregularidades vinculadas á ITV

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde o vindeiro luns, día 11, unha campaña especial de vixilancia das condicións nas que circulan os vehículos. O obxectivo é garantir que o estado dos mesmos cumpre os requisitos establecidos pola lexislación vixente. Durante unha semana, ata o domingo día 17, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán estes controis nas estradas galegas e, do mesmo xeito que noutras campañas, convidouse aos concellos para sumarse a este dispositivo no que, aínda prestando atención a todo tipo de infraccións, poñerase especial énfase en comprobar as condicións técnicas dos vehículos.