Tras unha primeira xornada na que percorreron a xeografía ourensá, o grupo provincial socialista penetrouse na provincia de Zamora, onde foron recibidos en Poboa de Sanabria polo goberno municipal, encabezado polo alcalde José Fernández Blanco, e secundado polo concelleiro e deputado provincial, Manuel Antonio Santiago Sánchez e a concelleira socialista, María Teresa Puertas Muñoz.
No recibimento diante do castelo de Poboa de Sanabria, participaron o secretario provincial e portavoz socialista na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada e alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; e a deputada e tenente de alcaldesa de Verín, Rosario Rodríguez