jueves. 11.08.2022

"Elvira Lama predica unha cousa e fai outra"

O portavoz do PP preguntará no próximo pleno sobre o baldeado das rúas de Xinzo

Camión regando as rúas de Xinzo
Camión regando as rúas de Xinzo

O portavoz do PP Toni Fernández declarou  a dendealimia que unha vez mais o seu descontento continuo co proceder da alcaldesa, cuestión na que estamos xa acostumados, manifestou. Fai dez días sacou un bando solicitando da veciñanza o aforro de auga. Ao día seguinte atopámonos cun camión regando as rúas.

ENFRONTAMENTOS E DESINFORMACIÓN

Cando algúns veciños “reprenderon” ao condutor do camión da Deputación por estar facendo o que lle mandaran, algún concelleiro contestou a eses veciños: Estes da Deputación non se enteran”

O camioneiro chamou ao seu encargado e do Concello de Xinzo non recibiran orden ningunha do contrario, polo que eles estaban cumprindo o contrato asinado.

VOLTA ESTE MESMO SÁBADO

Pensando que fora un erro de comunicación deixamos pasar a cuestión, comenta Toni. Pero este sábado, o camión voltou a regar as rúas. Isto solo nos volve a confirmar unha vez máis que a alcaldesa predica, pero non co exemplo.

Toni Fernández, trasladará estra cuestión en forma de pregunta no próximo pleno, pero como tamén están acostumados, responderanlle por escrito no mes de outubro, cando xa o problema da auga, esperamos estea resolto pola choiva.