Elvira Lama valora moi positivamente a segunda reunión da Mesa da Limia

Elvira Lama na reunión
Elvira Lama valora moi positivamente a segunda reunión da Mesa da Limia
Temos dereito a unha economía forte, uns produtos de excelente calidade, pero tamén temos dereito a unhas augas limpas

Elvira Lama na reunión

A problemática desta comarca non é outra que facer do piar da economía da alta e da baixa Limia, ou sexa o sector agrogandeiro, facelo sostible medioambientalmente.

Temos dereito a unha economía forte, uns produtos de excelente calidade, pero tamén temos dereito a unhas augas limpas. Os nosos veciños temos dereito a estar tranquilos e seguros.


ALGO SE ESTÁ MOVENDO
Está claro que algo se está movendo neste sentido, tanto por parte da Consellería, dos sectores implicados, e por suposto por parte dos concellos da alta e baixa Limia, que vamos todos a empurrar nunha mesma dirección , para poñer coto aos desmáns que se levan producindo durante moitos anos, onde distintas administracións miraron para outro lado, incluídos os propios concellos.
É unha boa nova os prantexamenntos da consellería, por exemplo a promesa de implantar na comarca unha nova plantade tratamento de residuos, así como a noticia de que Coren abrirá a súa posiblemente o mes que ven.

Son boas novas, pero non deberemos baixar a garda, porque o problemas das augas do encoro das Conchas están aí e os parámetros das augas subterráneas están en poder xa das administracións, polo tanto temos que salvar esta comarca de que sexa vulnerable , para converterse nunha comarca rendible e medioambientalmente sostible.

Creo que desta vez si se vai a comezar a facer algo porque o problema nestes momentos ten unha envergadura moi importante. Tamén creo que a sociedade civil de toda a comarca está moi sensibilizada, e creo que os propios agrogandeiros tamén.