EMILIA LÓPEZ ELEXIDA POLA MILITANCIA DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA DE OS BLANCOS COMA CANDIDATA Á ALCALDÍA POLO PSDEG-PSOE DE OURENSE

20190214_200311
EMILIA LÓPEZ ELEXIDA POLA MILITANCIA DA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA DE OS BLANCOS COMA CANDIDATA Á ALCALDÍA POLO PSDEG-PSOE DE OURENSE

A candidata socialista destaca que “preséntome as eleccións porque xa é hora de que os veciños teñan un futuro e un presente mellor e porque chegou o momento de cambiar Os Blancos”

O PSdeG PSOE de Ourense confirma a súa vixésimo quinta candidata de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de Os Blancos elixiu a Emilia López Blanco coma a súa candidata a alcaldía da localidade. A actual voceira repite deste xeito nun concello onde o endebedamento histórico esmoreceu un municipio onde a parálise e a pauta reinante.

Emilia López explica que se presenta as eleccións porque “considero que tantos o veciños e o concello merecemos algo mellor, merecemos un futuro, merecemos saír dos ostracismo e do endebedamento inxustificado de todos estes anos”.

A actual voceira socialista remarcou que “nesta última lexislatura o concello tivo que ceder as competencias de xestión a Deputación por mor dunha débeda abismal, que non se veu reflexada para nada no día a día dos veciños, polo que seguimos indagando a onde foron a parar todos eses cartos públicos”.

A candidata socialista apunta que “deberíamos incidir en mellorar as políticas sociais, xa que contamos cunha poboación moi envellecida, non esquecernos de políticas de xeración de emprego, pero que escapen do clientelismo actual reinante en Os Blancos, onde o traballo vai sempre para os mesmos” e finaliza, “hai que darlle a Os Blancos transparencia política, algo que o #PP non fai, mantendo o municipio no oscurantismo con plenos a horas intempestivas, sen comunicar decisións do órgano de goberno e evitando informar a oposición e veciñanza”.