Unha empresa de Xinzo fabrica salchichas de un metro para a Outubrofest de Pontevedra

salchichas
Unha empresa de Xinzo fabrica salchichas de un metro para a Outubrofest de Pontevedra

Máis de 7000 salchichas da Limia chegaron á cidade do Lérez

A empresa Moncho e hijos industrias cárnicas" fabricou máis de 7.000 salchichas para a gran festa da cervexa que se celebra esta fin de semana en Pontevedra. Entre elas, hainas de medio, un metro e mesmo de tres metros.

salchichasLevan preto de 6 anos sendo parte importante da Outubrofest, pois é un festexo de beber cerveza e comer salchichas, a adaptación galega da festa máis popular de Alemaña. Esta empresa de Xinzo tardou tan só dous días en preparar o encargo, son pezas de gran tamaño que deben facerse manualmente e que precisan dunha coción especial.

Así coas salchichas como produto estrela, deuse a coñecer esta empresa familiar dedicada a industria cárnica. O seu fundador, Ramón López regresou de traballar de Alemaña e decidiu montar o seu negocio en Xinzo. Naceu a empresa familiar, máis coñecida como Moncho, hai case 30 anos, e fíxoo coa incorporación da salchicha alemana entre os seus produtos máis novedosos. monchoA xente da Limia comezou a probala e pouco a pouco Moncho comezou a despuntar ata ser un referente na zona como provedor de carne. Outro dos seus produtos estrela son as hamburguesas que fan de distintos tamaños con carne de polo, boi, tenreira e porco.

A empresa está presente en todo o proceso de produción. Eles mercan o animal ós matadoiros e logo preparan os produtos na súa nave situada no polígono de Xinzo. LOMO 1

A súa actividade compleméntase coa tenda que teñen na vila, na rúa Curros Enríquez .

As súas mercancías repártense entre negocios e particulares de toda a provincia de Ourense e tamén do resto de Galicia e chegan incluso ata Barcelona. Mesmo exportan produtos para Portugal e Inglaterra.

Tantos anos de traballo e contando con produto de calidade, eses son os puntos fortes desta empresa de Xinzo, que lles permiten ser provedores de grandes festas de Galicia como esta de Pontevedra, e que lles permiten manter unha boa posición no mercado.