martes 7/12/21

Encargados os proxectos para facer 42 pozos de regadio na Limia

Xinzo contará con  36 dos 42 pozos previstos e Porqueira os outros 6

Regadios na Limia
Regadios na Limia

A Consellería do Medio Rural achegará preto de catro millóns de euros para completar a rede de pozos do regadío da zona. De feito, xa se encargou o inicio dos traballos de preparación de 42 novos pozos comprometidos con catro comunidades de regantes beneficiadas.

Así, seis destes pozos serán para a comunidade de San Salvador de Sabucedo, no concello da Porqueira; 13 pozos para a comunidade de Lamas Ganade, no concello de Xinzo de Limia; outros 13 para a de Corno do Monte, nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras; e 10 pozos para a de Alta Limia, tamén no concello de Xinzo de Limia.