Encóntranlle 303 gr. de cocaína no filtro do aire do coche

IMG-20200331-WA0002
Encóntranlle 303 gr. de cocaína no filtro do aire do coche

Circulando ás 3 da mañá pola A-52 en Trasmiras

A Garda Civil de Trasmiras detivo ás 03:00 de onte luns a altura de Trasmiras con dirección a Verín a P.A.B de 43 anos e a I.S.B de 40 anos , veciños de Verín, como presuntos autores de un delito contra a Saúde Pública. Os axentes, despois de rexistrar o coche atopáronse cun paquete de 303 gr.. de cocaína no habitáculo do filtro do aire.

IMG-20200331-WA0001

Foron detidos e trasladados ao xulgado de Xinzo onte ás 13:00 decretando o seu ingreso en prisión.

Tamén foron sancionados por desobediencia por incumprimento da Lei orgánica 4/20.