Un encontro educativo que reúne a 70 mestras e mestres galegos
16:40 09/08/22
16:40 09/08/22
Ana, unha mestra do CEIP Carlos Casares forma parte da organización do evento
O 18 de Agosto celebrarase un evento educativo en Laias, no Caldaria Hotel Balneario que reunirá a 70 mestres e mestras galegas. É o II Encuentro Educativo Galego.
Na organización desta xornada baseada na aprendizaxe e na educación, encóntrase Ana, unha das mestras do CEIP Carlos Casares.
Programa
A inauguración terá lugar ás 10:00 horas e haberá actividades ata as 20:00 horas. Os talleres deste encontro educativo tratan de aportar coñecementos a través das distintas actividades. Hai dende xogos de mesa, ata robótica; tamén hai un taller sobre o uso de aplicacións para educación. Xa ás 18:30 horas terá lugar o acto final "Normalizar lo extraordinario y potenciar lo ordinario" e ás 20:00 horas clausurarase esta xornada adicada á aprendizaxe.
