O encontro de escritores da Limiáns non defraudou a ninguén

167
O encontro de escritores da Limiáns non defraudou a ninguén

Case tres horas de análise sobre a personalidade do autor e anécdotas de cada un dos relatores

O museo da Limia foi o lugar escollido para realizar unha reunión de escritores limiáns para meterse na figura de Carlos Casares, cada un, dende a súa perspectiva e das súas vivencias co autor homenaxeado este ano.

DELFÍN CASEIRO, MESTRE DE CERIMONIAS

Delfín Caseiro escritor tamén limián foi o encargado de ir dándolle a palabra a cada un dos presentes comezando polo mestre e columnista Gonzalo Sueiro . Despois tocoulle a quenda a recente elixida membro da RAG, aínda que sen dar o seu discurso de entrada na academia Chus Pato, a cal analizou unha das obras para ela mais representativas de Carlos \“Deus sentado nun sillón azul\” .

Despois da segunda lectura mais pausada a académica dixo que no capitulo sete Ela pensa que tamen podería titularse \“Satán sentado nun sillón azul\”. Segundo Pato , o protagonista \“peca da mesma soberbia que o anxo mais fermoso\”. Outra das cuestións que ela analiza e a de que non sabe se o protagonista da novela \“é un facista ou é un ultraconservador galego e cristián, ven podía ser, continua a escritora decindo , a representación do escritor ourensá Vicente Risco.

Continuou a falar Rafael Laso, para presentar o seu análise baixo o título A marxe da Lagoa, a pegada dos artigos do autor no xornal La Voz de Galicia.

Tocoulle logo o quenda a Manolo Fontemoura , natural de Sabucedo, pobo no que Carlos pasou moitos veráns , para analizar e presentarlle aos presentes como era o Sabucedo que coñeceu Carlos cando era novo, o Sabucedo que viviu el cando era mozo , en contraposición co Sabucedo de hoxe en dia. Este pobo pasou de ser un pobo cheo de vida, de xente que Casares reflectiu dalgunha maneira en Vento ferido e o de hoxe no cal xa solo quedan vellos, sen ningún dos esplendorosos negocios que había nos anos 60.

TERTULIA OS DOMINGOS, DESPOIS DA MISA EN GALEGO NO CAFÉ BAR MIÑO

168Deu Luís Pousa algunhas primicias periodísticas cando contou como viviu de primeira man, xunto co Carlos os acontecementos acaecidos en Ourense na época do Gobernador Civil Daniel Regalado Aznar, para controlar as liortas que naqueles momento se estaban a levar en Ourense por controlar a política , o concello e as finanzas de Caixa Ourense, unha das entidades mais importantes naquel momento de España, polo cantidade de cartos que mandaban os emigrantes .

De todo aquelo, ademais de literatura falábase na tertulia que os domingos pola maña, despois da misa en galego da catedral que se levaba a cabo no café bar Miño e que dirixía D. Ramón Otero Pedrayo Xocas Ferro Couselo e \“Leuta\” e na cal ían como oíntes el e o propio Carlos. Tamén despois se arrimaron, Atanes e Moxardín. Para nos aquelo era unha verdadeira universidade.

TRABALLO SOBRE OS FALARES DA PROVINCIA

Tocoulle o turno a Xosé Manuel Cid, decano e profesor da universidade de Vigo en Ourense que contou como descubriu a Carlos Casares por un traballo encargado, cando el estudaba sobre as diferentes maneiras da fala, segundo a comarca de Ourense.O traballo fora encargado pola súa profesora Mª Carmen Enriquez Salido. El non dubidou de que a persoa que lle podía axudar era Carlos e solicitoulle unha entrevista a cal lle concedeu . Despois coincidiron en moitos actos, cando Carlos era editor de Galaxia.

Para rematar a xornada tomaron a palabra o xornalista e escritor tamén limián Federico Foxo e Antón Riveiro.

O ARTICULISMO DE CARLOS CASARES

Federico falou da súa relación con Carlos en Xinzo. Vivían moi preto e foron xuntos o colexio unha vez que Carlos voltou do seminario. Pero no que incidiu Federico foi nun estudo que fixo dos 365 últimos \“A marxe\” pois quería coñecer o fío condutor que podían ter os seus artigos. Artigos que traían de cabeza a redacción do xornal, posto que non sabían a que hora ou dende os ía enviar, cando andaba de viaxe e tamén porque cando el estaba na propia redacción era admirable velo escribir.El traía na cabeza a idea e púñase na máquina e directamente os pasaba a papel. O problema era que naqueles momentos tiñan que ser exactamente 1300 caracteres, nin un mais nin un menos. Eu podo \“presumir\” de ser un dos que vía escribir os \“a marxe\” directamente na máquina.

En todos os seus artigos de \“A marxe\”, nunca falou de política, aínda que tivo moitas presións para definirse, nin de relixión nin de sexo.

Tocoulle pechar a sesión a Antón Riveiro Coello do cal poderíase dicir que podía ser un dos discípulos de Carlos, posto que despois do seu primeiro premio importante foi reclamado polo propio Carlos para que fichara pola súa editorial.

O seu trabarllo para a sesión titulábase Carlos na vila, pero deixouno para outro momento. Resaltou sobre todo da súa memoria. Non esqueceu nada da súa infancia nin das súas vivencias na vila de Xinzo.