O encontro de voluntariado da Cruz Vermella provincial terá lugar en Xinzo de Limia

IMG_20180716_113732
O encontro de voluntariado da Cruz Vermella provincial terá lugar en Xinzo de Limia

Hoxe Felipe Ferreiro, Presidente da Cruz Vermella provincial, visitou o Concello de Xinzo de Limia xunto con Guillermo Gil, Delegado Comarcal da Cruz Vermella na Limia. Falaron sobre a recente creación do Comité Comarcal da Limia como o Encontro de Voluntariado da Cruz Vermella, que se fai para agradecerlles o traballo que realizan durante todo o ano. Este ano íase facer en Vilariño de Conso ou en A Gudiña, pois é rotatoria e cada ano nunha comarca, pero, ante a situación da Limia como nova titular de comité, propúxose que se fixese en Xinzo de Limia, para darlle recoñecemento tanto a comarca como a esta nova situación.


Así, decidiuse que o encontro da Cruz Vermella se faga en Xinzo en Septembro. O evento principal terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e comentáronse cales son as pretensións da Cruz Vermella á hora de realizar o encontro, en que pode axudar o Concello e mesmo establecer unhas visitas o Museo do Entroido Galego, pois estimase unha visita de 150 voluntarios. Tamén se tratou o tema da creación do Comité Comarcal da Cruz Vermella na Limia.

Traballouse durante o longo do ano para levar adiante o proxecto do Comité Comercal, e logo de reuinir un equipo de voluntarios de 10-12 persoas e tras varias reunións, decidiuse que o Delegado Comarcal será Guillermo Gil, quen fixo visitas a todos os alcaldes dos Concellos da Limia para dar a coñecer o proxecto xunto cos Traballadores Sociais dos Concellos, que son con quen máis estreitamente traballa a Cruz Vermella.


Dende o punto de vista da Cruz Vermella a comarca da Limia ten unhos bos servicios sociais, pois incluso existen colectivos especializados. A Cruz Vermella pode aportar unha
maior eficiente ante os problemas que poidan haber como a prescripción de roupa ou comida, incluso costear o aluguer dunha vivenda… que a un concello lle costaría máis
conseguir por ter que someterse a outros trámites. Referente o voluntariado, en Xinzo hai un grupo de voluntariado activo e comprometido, pero estase intentando ampliar o número de grupos e intentar chegar a todos os Concellos, tanto para conseguir voluntarios como para ofrecer axuda dende a Cruz Vermella e intentar transformar a Limia nunha das comarcais importantes da Cruz Vermella.