A entrega do V Premio Pedra Alta: unha mostra de compromiso medioambiental e confraternidade Limiá.

Membros da sección ANTELA presentes no acto
A entrega do V Premio Pedra Alta: unha mostra de compromiso medioambiental e confraternidade Limiá.

Serafín González, recolleu o premio en nome da sección ANTELA das máns da responsable do Museo da Limia.

Un ano mais o salón de actos do concello de Vilar de Santos, quedouse pequeno para acoller a todas as persoas, que non quixeron perderse o acto institucional anual do Museo da Limia, cal é o da entrega do seu, xa cotizado premio, PEDRA ALTA.

Abriu o acto o alcalde de Vilar de Santos, para agradecer a presenza do público entre os que se atopaban vários alcaldes e concelleiros da Limia, así como membros do Padroado do Museo e moitos membros da sección ANTELA da SGHN, representada no acto polo seu presidente Serafín González.

Foto de familia con alcaldes e concelleiros da Limia
Foto de familia con alcaldes e concelleiros da Limia

VERBAS DO PRESIDENTE DO PADROADO DO MUSEO DA LIMIA

A posteriori, Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia expresou a relevancia de ter un museo vivo, que vaia máis alá dos obxectos materiais e que sexa outro dos promotores da sensibilización co noso medioambiente. Ademais, houbo referencias ao pesar polo pasamento ilustre limiao Elixio Rivas Quintas, que neste caso adquire un matiz especial xa que foi a primeira persoa que tivo o recoñecemento Pedra Alta e sempre tivo un gran compromiso co estudo da fauna, flora e etnografía do territorio. Non obstante, tamén houbo espazo para as parabenizacións, no caso de Edelmiro Martínez Cerredelo, componente do noso consello asesor e nomeado recentemente fillo predilecto do Concello de Xinzo.

A continuación subiu ao estrado unha alumna do CEIP de Rairiz de Veiga para dar lectura a um poema do escritor Antón Tovar.

Pasouse logo a lectura da acta do Padroado na que se tomou o acordo por unanimidade da entrega do galardón 2022 a Sección ANTELA da SGHN. Moitos e extensos foron os méritos acadados que deu lugar a que o Padroado decidira por unanimidade a entrega do galardón 2022.

Laudatio a cargo de Pablo Ramil Rego.

Momento da entrega do premio
Momento da entrega do premio

A continuación dveu a lectura da Laudatio dos premiados por parte de Pablo Ramil Rego, Director do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural) da Universidade de Santiago de Compostela, o cal comezou a súa intervención sinalando a irmandade que sinte coa terra da Limiá, xa que na súa terra natal, A Terra Chá tamén habería un proceso de desaugue dunha lagoa, a lagoa de Cospeito. As súas verbas foron na mesma liña que as da secretaria, tanto de parabenización como de recoñecemento do sentido crítico que aportan este tipo de organizacións. Nun percorrido histórico pola posta en valor e o coidado do noso medio estivo recalcado a labor desa organización primixenia que foi o grupo ornitolóxico galego e tamén, como non, o Seminario de Estudos Galegos coa referencia a figura de Isaac Díaz Pardo. A súa intervención rematou, como non podía ser doutro modo, resaltando a labor da Sección Antela cos seus eidos de actuación principal: a conservación de especies tanto de flora como de fauna ameazadas, a realización do humedal Antonio Vilariño e a publicación dunha obra que brilla pola súa importancia como é o Atlas da Limia.

ENTREGA DO PREMIO FÍSCO

Serafín González Pte. da S.G.H.N.
Serafín González Pte. da S.G.H.N.

Unha vez rematada a intervención de Pablo Ramil Rego realizouse o acto da entrega física da peza creada polo gran escultor limiá Xosé Lois Carreira a Serafín González Prieto, o Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.

Protocolariamente pechou o acto Serafín quen fixo un repaso do nacemento e traxectoria da Sección Antela, destacando: a creación e recuperación de humedais como o humedal Antonio Villarino e o da Veiga de Gomareite. tamén dedicou especial énfase na idea de que cando se fan estas actuacións “Están a pensar en todos os compoñentes do Ecosistema”. Deste xeito, para concluír deu o agradecemento a Antonio Villarino, por ser unha das figuras fundamentais coas que xurdiu un xermolo de defensa medioambiental na Limia, e as 70 voluntarias que actuaron nos diferentes proxectos levados a cabo. As derradeiras verbas foron simples pero recolleron a conciencia medioambiental da xornada: outro xeito de progreso é posible.

Para ver a súa intervención completa en vídeo PREMA AQUÍ.

ACTUACIÓN MUSICAL

Como xa é tradición nas entregas dos premio PEDRA ALTA, a parte musical, ao principio, no medio e como despedida do mesmo está a cargo do pianista e acordeonista Luis Humberto Cao e ao tenor Baldomero Pavón, que escollen para cada edición unhas pezas representativas das actividades dos galardoados.

Comida de confraternización, rematado o acto
Comida de confraternización, rematado o acto