Entroidos da Limia estiveron esta mañá en Santiago

Santiago1
Entroidos da Limia estiveron esta mañá en Santiago
Ademáis do de Xinzo estiveron invitados os Vergalleiros de Sarreaus e os entroidos de Lobios e Entrimo

Preto de 300 participantes recrearon un ano máis en Santiago de Compostela os entroidos galegos no tradicional desfile de verán organizado pola Xunta de Galicia nas rúas do casco vello no que puideron amosar a autenticidade, variedade e riqueza desta tradición.

Esta iniciativa promocional, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, contou coa asistencia da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que acudiu ao inicio da quinta edición deste Desfile dos Entroidos na praza do Obradoiro. Desde alí partiron os representantes de ata 14 entroidos diferentes das catro provincias, cos seus personaxes, ante centenares de galegos e visitantes.

ACUDIU A ALCALDESA DE XINZO

Santiago4Na edición deste ano participaron entroidos recoñecidos como festa de Interese Turístico como o de Xinzo de Limia, coas pantallas, que se estreaban neste desfile sendo o primeiro ano que participan en Santiago tras o recoñecemento de Interese Turístico Internacional. Ata Santiago desplazouse a alcaldesa Elvira Lama, para acompañar aos participantes de Xinzo.

Tamén acudiron oito carnavais convidados especiais nesta ocasión entre os que se encontraban os : Vergalleiros de Sarreaus, e os entroidos de Lobios e o de Entrimo.

A Xunta vén organizando nos últimos anos esta promoción, co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor unha das riquezas do patrimonio etnográfico da Comunidade e amosar aos milleiros de turistas a variedade desta xenuína tradición, animándoos a coñecela no inverno. Impúlsase así aqueles valores que mellor identifican a Galicia, entre os que se atopan os entroidos pola súa autenticidade e trabállase para recibir viaxeiros durante todo o ano, facendo que a temporada media e baixa sexa cada vez máis importante.

Santiago2