O equipo campión de Europa de fútbol sala feminino descansa en Xinzo

160
O equipo campión de Europa de fútbol sala feminino descansa en Xinzo

As chicas e o corpo técnico visitaron o museo do entroido

As chicas do equipo de división de honra feminino de Navalcarnero e o seu filial fixeron noite en Xinzo antes de enfrontarse esta tarde de sábado ao club Ourense FS as primeiras e o filial desprazarse ata terras coruñesas.

CAMPIÓN DE EUROPA

O primeiro equipo vai de primeiro na liga regular de división de honra a 8 puntos do segundo clasificado. Xa foi campión o ano pasado e fai unha semana veuse de proclamar campión de Europa no I European Women’s Futsal Tournament, torneo no que participaron equipos de Rusia, Portugal, Italia, Holanda, Ucrania e por suposto o Futsiatletico en representación de España.

VISITA AO MUSEO DO ENTROIDO

163Ademais do paseo polas rúas do casco vello de Xinzo e despois da visita a igrexa vella aquelas que non tiñan que acudir ao fisio, tiveron a oportunidade de visitar o museo do entroido acompañadas polo seu director e técnico.

Nin sabían que era o entroido e por suposto non coñecían nada das mascaras que alí se atopan.

LEVAN DOUS ANOS FACENDO PARADA E FONDA EN XINZO

Fai mais de dous anos que cando os desprazamentos son para xogar en Galicia, e por suposto en Ourense, como mínimo dúas veces ao ano, fan noite nun coñecido hotel da nosa vila. O seu presidente díxonos que se sentían moi a gusto en Xinzo e non no opresión que podía ser estar nun hotel do centro de Ourense.