A escola de Gaitas e percusión de Xinzo conta cunha nova banda

Compoñentes da banda "J"
A escola de Gaitas e percusión de Xinzo conta cunha nova banda

Este nome, púxollo de forma simpática un dos seus compoñentes.

O director das bandas A e B, así como profesor de percusión da Escola Xoán Losada explica que dende fai uns anos, persoas maiores comezaron a acudir a escola para aprender percusión, que é a disciplina que el imparte na escola. Despois viñeron outros máis que lle solicitaron se podían aprender a tocar a gaita, e indo pouco a pouco, comentou cos seus compañeiros a posibilidade e o parecer, se formaba un grupo dirixido por el con estas características.

Aquela afección persoal de cada un dos que asistían a escola e á proposta de Xoán, de facer un grupo musical, foi aceptada por todos e neste momento estase a pensar en que coa incorporación de algunha pandeireta se converta nunha Banda oficial da Escola, pero que solo interprete música tradicional galega, sen “arreglos” como ocorre coas outras dúas.

IMG-20220406-WA0021
Grupo de percusión actual da banda "J"

Neste grupo hai xente de todas as idades, dende os 30 ata os... feito este polo que un dos compoñentes propuxo como nome a banda “J” ou de “Jubiletas”.

CONVERTERSE NA BANDA TRADICIONAL

A partir desta configuración, calquera músico das outras dúas bandas que queiran poden formar parte dela constituíndose na Banda Tradicional da Escola.

Haberá que deseñar un traxe sinxelo e ensaiar para un concerto de mais ou menos 30 minutos, que espero sexa dentro deste ano ou a principios do que ven, comenta orgulloso Xoán.