lunes 6/12/21

    A Escola Rural de Saúde da Limia pon en marcha catro talleres que se van desenvolver no mes de xullo sobre a diabetes. O obxectivo é coñecer a enfermidade e como previr outras que poden aparecer asociadas a ela incidindo na prevención. 

Por outra banda trataranse outros aspectos como cumprir os tratamentos e á vez despertar a conciencia sobre os síntomas e signos que poden provocar a aparición de complicacións. 

O primeiro destes talleres tivo lugar na xornada do martes. A vindeira cita é este mércores con Elisa Cadaya que abordará o tema da "Diabetes e complicaciones agudas e crónicas".

O lunes 20 de xuño é a quenda de Xiana Carrera García que tratará o tema da "actividade física e diabetes". O último destes encontros será sobra o "pe diabético, emocións e diabetes. Resolución de problemas", que impartirá Elisa Cadaya.

Todos os talleres impártense na Casa da Cultura de Xinzo de Limia entre as 16,30 e as 19,30 horas.

A Escola Rural de Saúde da Limia acolle un conxunto de talleres sobre a diabetes
Comentarios