A Escola Rural de Saúde da Limia organiza talleres de atención a persoas discapacitadas

discapacidade
A Escola Rural de Saúde da Limia organiza talleres de atención a persoas discapacitadas

Son catro talleres que terán lugar en novembro

O luns darán comezo os talleres de discapacidade e dependencia cunha xornada sobre inserción e intermediación laboral. Lucía Chaves García e Carlos Montero Álvarez, ambos orientadores laborais, serán os encargados de impartir a sesión que terá lugar de 18 a 21h.

Unha semana máis tarde terá lugar o taller de produtos de apoio a persoas dependentes e discapacitadas, da man de Elena Rodríguez Villarino, Licenciada en Farmacia e Ortopeda. Será o día 23 de 18 a 21h.

O enfoque psicolóxico ante a discapacidade e a dependencia tamén será outros dos aspectos a tratar. Trataranse puntos como atención ó afectado e familia, superación ou autoestima coa presencia de María Isabel Torres, psicóloga. A maiores contarase co testemuño de superación dunha persoa discapacitada. Este taller vaise celebrar o sábado 28 de 10 a 13h.

Por último, terá lugar unha xornada dedicada á seguridade, asistencia e prevención en discapacidade e dependencia. Tratando asectos como necesidades, emerxencias, accidentes ou adaptacións. Para isto estará presente Sida Aguiar que forma parte do departamento de educación vial da Xefatura de Tráfico en Ourense. Será o día 30 de 18 a 21h.

Tódolos talleres vanse celebrar na Escola Rural da Limia, na Casa da Cultura de Xinzo. Para máis información poden chamar ó 603 78 44 35.